The Cerne

The Cerne formase no ano 2.005, ca intencion de lembrar vellos tempos musicais, uns amigos que habian percorrido e formado parte de algun dos grupos pioneiros do pop-rock en Carballo (Helium, Tramites, Distrito 15100, Meigasfora, etc). A  idea era pasalo ben, ensaiando básicamente unha serie de temas versionados de grupos que gustaban a cada un dos componentes e pouco a pouco ir facendo temas propios e recuperando algun dos tocados nos anteriores grupos, sempre mantendo un estilo homoxeneo basado na musica dos 70 / 80 dos grandes xenios (Dire Straits, Gary Moore, Police, Pink Floyd, etc.)

A formación actual e a seguinte: Fani (voz), Roberto (guitarra) Joaquin (bateria), Fran (baixo-voz), Manolo (teclados) e Guillermo (guitarra-voz), ainda que desde os comenzos da formación as colaboracions tanto intrumental como de voces foron unha tonica que se utilizou para diversificar o contido das versions, como en algunha ocasión a incorporación das Cantareiras de Verdillo para interpretar temas de Police e Guns & Roses.

No 2.011 grabamos o noso primeiro CD con 6 temas propios, nos que se realiza uns arranxos do guitarrista e cantante Juan Cancela (ex componente de Xacoloma).

En abril 2.011 colaboramos ca Orquesta sinfonica de Melide, e ca Coral “O Eco” da Coruña na Gala Americana, un espetaculo a base de musica de cine, gospel e rock, actuando no Teatro Colon (Coruña), Pazo da Cultura (Carballo) e no Teatro Jofre (Ferrol) con un éxito rotundo e no mes de agosto repetimos concerto en Melide como apertura do programa de festas, con unha afluencia de publico impresionante.

Neste ano (2.012) o programas nos que colaboramos outra vez ca Orquesta sinfónica de Melide, as solistas Susana de Lorenzo, Irene Ruiz e o tenor Alberto Cunha,e o ballet Atlantico son “Musica de Cine” e “Bandas Sonoras” con versions tamen de pop-rock e actuando no Teatro Jofre, Auditorio de Galicia, Igresia de San Francisco (Betanzos) o Agora (Coruña) e nos meses de xullo e agosto na praza do concello de Carballo, na Praza de Maria Pita (A Coruña) e en Melide.

bateria

Joaquín

Batería

Fran

baixo-voz

Garban

Guitarra

guitarra2

Guillermo

Guitarra-voz

Manolo

Teclados

Comentarios